Noticias
Conseguimos un futuro sen carbón!
(23 de novembro de 2023). O apagado da central de carbón de Endesa nas Pontes o 4 de outubro pasado significou o fin definitivo do uso do carbón na xeración eléctrica en Galicia.
(23 de novembro de 2023). O apagado da central de carbón de Endesa nas Pontes o 4 de outubro pasado significou o fin definitivo do uso do carbón na xeración eléctrica en Galicia.
O informe “Desmontando el hidrógeno. H2Med, coartada para una falsa transición energética”, elaborado por Greenpeace e a Fundación Renovables, expón os potenciais usos do hidróxeno verde e analiza por que é inútil apostarmos por unha infraestrutura como o H2Med.
Listaxe das 36 centrais de coxeración alimentadas con gas fósil, indicando para cada unha delas a potencia, o propietario, o ano de posta en funcionamento e o concello no que se sitúa. Abastecen de electricidade e calor algunhas instalacións dos sectores industrial e de servizos.
Este informe, de Food and Water, traducido e publicado pola rede “Gas No Es Solución”, destapa a España como o segundo maior importador de gas fósil de orixe estadounidense, extraído na súa maioría por fractura hidráulica, a técnica máis impactante.
Documento da rede estatal “Gas no es solución” con chaves e propostas para unha transición xusta cara a un sistema enerxético sen gas fósil. Descargar o informe en formato pdf.
(20 de xullo de 2023). Nin PP, nin PSOE, nin BNG, nin Sumar, responderon á nosa pregunta sobre se queren ou non que cese definitivamente a actividade da central de carbón das Pontes en 2023. Unha oportunidade perdida para nos aclararen a súa posición sobre unha central eléctrica innecesaria e Ler máis…
(20 de abril de 2023). A central de ciclo combinado a gas fósil das Pontes emitiu 1,22 millóns de toneladas de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) durante 2022, converténdose na maior fábrica de cambio climático de Galicia. Segundo os datos divulgados pola Comisión Europea (1), a veciña central de carbón, Ler máis…
(14 de febreiro de 2023). A produción eléctrica con carbón medrou un 87% en Galicia durante 2022, aínda que só achegou un 4% do total da electricidade producida. A plataforma Galiza, Un Futuro Sen Carbón lamenta esta repunta da xeración con carbón e reclama o peche total e desmantelamento da Ler máis…