Noticias
Aumentan as importacións e o consumo de gas fósil en Galicia
(16 de xuño de 2026). 2025 foi un bo ano para o gas fósil en Galicia. Aumentaron as importacións a través da regasificadora de Reganosa en Mugardos, procedentes case todas dos Estados Unidos e de Rusia. Tamén medrou o consumo galego, impulsado polo sector eléctrico. As centrais eléctricas de ciclo combinado de Sabón (Naturgy) e As Pontes (Endesa) foron, xunto coa refinaría de Repsol, as maiores fábricas galegas de cambio climático.
