O adeus ao carbón en Galicia
Informe de Galiza sen gas sobre os beneficios para a mitigación climática e a transición ecolóxica do peche das térmicas de carbón de Meirama e As Pontes.
Informe de Galiza sen gas sobre os beneficios para a mitigación climática e a transición ecolóxica do peche das térmicas de carbón de Meirama e As Pontes.
Informe da plataforma Galiza sen Gas sobre o papel do gas fósil no sistema enerxético de Galicia. A sobrecapacidade da infraestrutura gasista favoreceu o uso desproporcionado do gas fósil, atrasando a transición enerxética.
Informe de Greenpeace sobre a planta de regasificación de El Musel (Xixón), a última española en entrar en funcionamento. Exemplo da sobrecapacidade gasística que dificulta a transición enerxética no Estado español. A enerxética galega Reganosa posúe o 25%.
O informe “Desmontando el hidrógeno. H2Med, coartada para una falsa transición energética”, elaborado por Greenpeace e a Fundación Renovables, expón os potenciais usos do hidróxeno verde e analiza por que é inútil apostarmos por unha infraestrutura como o H2Med.
Listaxe das 36 centrais de coxeración alimentadas con gas fósil, indicando para cada unha delas a potencia, o propietario, o ano de posta en funcionamento e o concello no que se sitúa. Abastecen de electricidade e calor algunhas instalacións dos sectores industrial e de servizos.
Este informe, de Food and Water, traducido e publicado pola rede “Gas No Es Solución”, destapa a España como o segundo maior importador de gas fósil de orixe estadounidense, extraído na súa maioría por fractura hidráulica, a técnica máis impactante.
Documento da rede estatal “Gas no es solución” con chaves e propostas para unha transición xusta cara a un sistema enerxético sen gas fósil. Descargar o informe en formato pdf.
Informe da plataforma “Galiza, un futuro sen carbón” (abril 2019) sobre os custos socioambientais das centrais de carbón galegas. Aborda tamén a viabilidade do abandono rápido do carbón na xeración eléctrica. Finalmente, expón as demandas da plataforma perante as institucións.
Alegacións formuladas pola plataforma “Galiza, un futuro sen carbón” ao borrador da Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 da Xunta de Galicia (abril 2019).
Alegacións presentadas pola plataforma “Galiza, un futuro sen carbón” á proposta do “Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima 2021-2030” (marzo 2019).