Por un plan galego para abandonar a enerxía fósil antes de 2040

(22 de novembro de 2024). Coincidindo co remate da COP29, Galiza Sen Gas reclama elaboración dunha estratexia galega de enerxía e clima para reducir progresivamente a transformación e o consumo de combustíbeis fósiles até a súa eliminación definitiva antes de 2040. Abandonado xa o carbón en 2023, o seguinte combustíbel fósil a eliminar é o gas natural, en 2035 a máis tardar.

Nace a plataforma “Galiza sen gas”

(30 de novembro de 2023). No día en que comeza o cumio climático anual (COP28), a plataforma “Galiza, un futuro sen carbón” transfórmase en “Galiza sen gas”. Despois do carbón, o gas fósil é o seguinte combustíbel fósil que debemos deixar de queimar na nosa terra para contribuírmos a mitigar a crise climática.