Galiza sen gas é unha plataforma formada por diversas organizacións unidas polo obxectivo de pór fin ao consumo de gas fósil antes de 2035.

Publicacións

recentes

Eleccións xerais do 29N: esiximos un calendario para abandonar o gas fósil

(30 de outubro de 2026). A plataforma estatal “Gas non é solución” presenta cinco propostas ás forzas políticas que concorren ás próximas eleccións xerais para reducir a dependencia enerxética, eliminar o gas fósil do sistema eléctrico e os fogares antes de 2030 e planificar o peche das infraestruturas gasistas para 2035. Propostas coas que se identifica “Galiza sen gas”.

Tres anos sen carbón: máis eficiencia, menos emisións, máis soberanía enerxética

(3 de outubro de 2026). O 4 de outubro de 2023 apagouse para sempre a central térmica de carbón das Pontes. Púxose fin así no noso país á produción eléctrica con carbón, que tan só cinco anos atrás representaba un terzo da total. Tres anos despois podemos comprobar o enorme impacto positivo do abandono do carbón para a redución das emisións de gases causantes de cambio climático e para a transición ecolóxica en xeral.