Tres anos sen carbón: máis eficiencia, menos emisións, máis soberanía enerxética

(3 de outubro de 2026). O 4 de outubro de 2023 apagouse para sempre a central térmica de carbón das Pontes. Púxose fin así no noso país á produción eléctrica con carbón, que tan só cinco anos atrás representaba un terzo da total. Tres anos despois podemos comprobar o enorme impacto positivo do abandono do carbón para a redución das emisións de gases causantes de cambio climático e para a transición ecolóxica en xeral.

O peche da central de carbón das Pontes foi a maior acción climática na historia de Galicia

(30 de xullo de 2026). Con motivo da voadura das súas torres de refrixeración, Galiza sen gas lembra que a central de carbón das Pontes foi unha das meirandes fábricas europeas de cambio climático, emitindo uns 330 millóns de toneladas de CO2. O seu impacto climático vaise prolongar durante décadas e mesmo séculos, dada a longa permanencia do CO2 na atmosfera. Agora toca planificar o peche da central eléctrica de gas fósil situada a carón da vella central de carbón.

“Galiza, Un Futuro Sen Carbón” denuncia a nova tentativa de eternizar o uso de enerxías sucias na central termoeléctrica das Pontes

(9 de setembro de 2020). A plataforma “Galiza, un futuro sen carbón” rexeita novamente a co-combustión de carbón e residuos orgánicos como posible opción de futuro para un ou máis dos catro grupos da central de carbón de Endesa nas Pontes. En lugar de alentar novas formas de enerxía sucia, Ler máis