O adeus ao carbón en Galicia
Informe de Galiza sen gas sobre os beneficios para a mitigación climática e a transición ecolóxica do peche das térmicas de carbón de Meirama e As Pontes.
Informe de Galiza sen gas sobre os beneficios para a mitigación climática e a transición ecolóxica do peche das térmicas de carbón de Meirama e As Pontes.
(8 de maio de 2025). O gas natural licuado (GNL) importado por Galicia durante 2024 a través da regasificadora de Reganosa en Mugardos procedeu un ano máis de forma case exclusiva de Rusia e dos Estados Unidos de América (EUA). A maioría do extraído nos EUA obtense mediante a moi impactante técnica do “fracking”, prohibida no Estado español.
(7 de maio de 2024). Case todo o gas fósil licuado importado en Galicia durante 2023 a través da planta de regasificación de Reganosa na ría de Ferrol procedeu ou ben dos EEUU, onde é extraído mediante a moi impactante técnica do “fracking”, ou ben de Rusia. Nos últimos anos disparouse o consumo galego de gas fósil.
(20 de abril de 2023). A central de ciclo combinado a gas fósil das Pontes emitiu 1,22 millóns de toneladas de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) durante 2022, converténdose na maior fábrica de cambio climático de Galicia. Segundo os datos divulgados pola Comisión Europea (1), a veciña central de carbón, Ler máis
(14 de febreiro de 2023). A produción eléctrica con carbón medrou un 87% en Galicia durante 2022, aínda que só achegou un 4% do total da electricidade producida. A plataforma Galiza, Un Futuro Sen Carbón lamenta esta repunta da xeración con carbón e reclama o peche total e desmantelamento da Ler máis
(25 de marzo de 2021). A achega do carbón á produción eléctrica galega diminuíu o 45,5% en 2020 con respecto a 2019, atinxindo o mínimo histórico, segundo os datos avanzados por Rede Eléctrica de España (REE) (1). Como parte do retroceso do carbón en 2020 hai que destacar tamén o Ler máis
(20 de xaneiro de 2021). Celebramos a decisión definitiva de Endesa de pechar a central de carbón das Pontes como un enorme éxito na loita desde a nosa terra contra a emerxencia climática global!. Confirmada a inviabilidade da falsa solución da co-combustión de carbón e residuos, agora cómpre centrar por Ler máis
(3 de novembro de 2020). Este mes conclúen as novas probas de queima conxunta de carbón e residuos orgánicos na central de carbón de ENDESA nas Pontes. A plataforma “Galiza, un futuro sen carbón”, que as ve como un intento de perpetuar o gran centro de produción de electricidade sucia Ler máis
(28 de xullo de 2020). A plataforma “Galiza, un futuro sen carbón” enviou a finais de xuño unha carta a Teresa Ribera, vicepresidenta para a Transición Ecolóxica, pedíndolle que acepte a solicitude de peche da central de carbón das Pontes, de forma que cese a súa actividade no segundo semestre Ler máis
(9 de xullo de 2020). Desde a plataforma “Galiza, un futuro sen carbón” lanzamos dúas demandas moi concretas ás candidaturas que se presentan ás eleccións ao Parlamento galego que se celebran o 12 de xullo. En que medida as asumiron nos seus programas electorais?. As dúas medidas defendidas pola nosa Ler máis