Esixen que o Estado español se sume ao Tratado sobre os Combustíbeis Fósiles

(26 de febreiro de 2026). Galiza sen gas sumouse, xunto con máis de 100 organizacións do Estado español, á declaración “Por unha transición xusta dos combustíbeis fósiles”. Nela pídese que o Goberno estatal se implique a fondo no impulso dun tratado internacional para promover a eliminación planificada, rápida e xusta dos combustíbeis fósiles, a maior causa da emerxencia climática.

Nace a plataforma “Galiza sen gas”

(30 de novembro de 2023). No día en que comeza o cumio climático anual (COP28), a plataforma “Galiza, un futuro sen carbón” transfórmase en “Galiza sen gas”. Despois do carbón, o gas fósil é o seguinte combustíbel fósil que debemos deixar de queimar na nosa terra para contribuírmos a mitigar a crise climática.