“Galiza, Un Futuro Sen Carbón” denuncia a nova tentativa de eternizar o uso de enerxías sucias na central termoeléctrica das Pontes

(9 de setembro de 2020). A plataforma “Galiza, un futuro sen carbón” rexeita novamente a co-combustión de carbón e residuos orgánicos como posible opción de futuro para un ou máis dos catro grupos da central de carbón de Endesa nas Pontes. En lugar de alentar novas formas de enerxía sucia, Ler máis…

“Galiza, un futuro sen carbón” pide a Teresa Ribera que rexeite a co-combustión de carbón e residuos orgánicos na central das Pontes e acelere o Convenio de Transición Xusta

(28 de xullo de 2020). A plataforma “Galiza, un futuro sen carbón” enviou a finais de xuño unha carta a Teresa Ribera, vicepresidenta para a Transición Ecolóxica, pedíndolle que acepte a solicitude de peche da central de carbón das Pontes, de forma que cese a súa actividade no segundo semestre Ler máis…

Eleccións galegas: pedimos aos partidos a fin das térmicas, unha transición xusta e máis ambición climática

(5 de xuño de 2020). A plataforma ‘Galiza, un Futuro sen carbón‘ leva tempo traballando como nodo galego da plataforma europea Europe, Beyond Coal, que procura o peche ordenado das centrais térmicas de carbón, cunha transición xusta. Por mor das vindeiras eleccións galegas do 12 de xullo, a Plataforma vén de Ler máis…