Noticias
Galicia abastécese con gas fósil de guerra e de “fracking”
(7 de maio de 2024). Case todo o gas fósil licuado importado en Galicia durante 2023 a través da planta de regasificación de Reganosa na ría de Ferrol procedeu ou ben dos EEUU, onde é extraído mediante a moi impactante técnica do “fracking”, ou ben de Rusia. Nos últimos anos disparouse o consumo galego de gas fósil.