O adeus ao carbón en Galicia
Informe de Galiza sen gas sobre os beneficios para a mitigación climática e a transición ecolóxica do peche das térmicas de carbón de Meirama e As Pontes.
Informe de Galiza sen gas sobre os beneficios para a mitigación climática e a transición ecolóxica do peche das térmicas de carbón de Meirama e As Pontes.
(16 de xuño de 2026). 2025 foi un bo ano para o gas fósil en Galicia. Aumentaron as importacións a través da regasificadora de Reganosa en Mugardos, procedentes case todas dos Estados Unidos e de Rusia. Tamén medrou o consumo galego, impulsado polo sector eléctrico. As centrais eléctricas de ciclo combinado de Sabón (Naturgy) e As Pontes (Endesa) foron, xunto coa refinaría de Repsol, as maiores fábricas galegas de cambio climático.
(14 de xuño de 2024). Perante a discusión na UE dun novo parquete de sancións a Rusia que podería incluír o gas natural licuado (GNL), a rede Gas non é solución solicita ao Goberno español medidas urxentes para reducir a nosa dependencia do gas fósil.
(9 de febreiro de 2024). En maior ou menor medida, todos os partidos galegos deben elevar a súa ambición climática. Para iso, cómpre abandonarmos o gas fósil antes de 2035, o que ningunha candidatura ás eleccións galegas defende.
(30 de novembro de 2023). No día en que comeza o cumio climático anual (COP28), a plataforma “Galiza, un futuro sen carbón” transfórmase en “Galiza sen gas”. Despois do carbón, o gas fósil é o seguinte combustíbel fósil que debemos deixar de queimar na nosa terra para contribuírmos a mitigar a crise climática.
(20 de xullo de 2023). Nin PP, nin PSOE, nin BNG, nin Sumar, responderon á nosa pregunta sobre se queren ou non que cese definitivamente a actividade da central de carbón das Pontes en 2023. Unha oportunidade perdida para nos aclararen a súa posición sobre unha central eléctrica innecesaria e Ler máis