Noticias
O peche da central de carbón das Pontes foi a maior acción climática na historia de Galicia
(30 de xullo de 2026). Con motivo da voadura das súas torres de refrixeración, Galiza sen gas lembra que a central de carbón das Pontes foi unha das meirandes fábricas europeas de cambio climático, emitindo uns 330 millóns de toneladas de CO2. O seu impacto climático vaise prolongar durante décadas e mesmo séculos, dada a longa permanencia do CO2 na atmosfera. Agora toca planificar o peche da central eléctrica de gas fósil situada a carón da vella central de carbón.
