O Estado español aumenta a súa dependencia do gas de fracking estadounidense
(8 de xaneiro de 2026). Cos datos dispoñíbeis até setembro, pódese afirmar que 2025 foi o ano con maiores importacións españolas de gas estadounidense, exceptuando 2022. Os EUA poden ter sido o segundo maior fornecedor de gas natural a España en 2025. En Galicia seguramente tamén o foi. Un 80% do gas estadounidense é extraído mediante fracking.









