Alegacións á Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050
Alegacións formuladas pola plataforma “Galiza, un futuro sen carbón” ao borrador da Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 da Xunta de Galicia (abril 2019).
Alegacións formuladas pola plataforma “Galiza, un futuro sen carbón” ao borrador da Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 da Xunta de Galicia (abril 2019).
(4 de xuño de 2025). Un informe de Gas no es solución revela a alta dependencia española do gas fósil ruso e estadounidense, con importacións que medraron sustancialmente a partir de 2019, con grandes impactos socioambientais nos territorios de extracción.
(8 de maio de 2025). O gas natural licuado (GNL) importado por Galicia durante 2024 a través da regasificadora de Reganosa en Mugardos procedeu un ano máis de forma case exclusiva de Rusia e dos Estados Unidos de América (EUA). A maioría do extraído nos EUA obtense mediante a moi impactante técnica do “fracking”, prohibida no Estado español.
(12 de febreiro de 2025). Galiza sen Gas presenta o informe “Gas natural, o combustíbel fósil que atrasou a transición enerxética”, sobre o papel do gas fósil en Galicia. Desde a súa introdución a finais da década de 1990, o gas fósil converteuse nunha das nosas principais fontes de enerxía, competindo co desenvolvemento renovábel.
Informe da plataforma Galiza sen Gas sobre o papel do gas fósil no sistema enerxético de Galicia. A sobrecapacidade da infraestrutura gasista favoreceu o uso desproporcionado do gas fósil, atrasando a transición enerxética.
(31 de xaneiro de 2025). A planta de regasificación de Reganosa na ría de Ferrol, ademais de contribuír á crise climática ao actuar como vía de aprovisionamento de gas natural licuado, provoca contaminación por NO2 do aire da súa contorna.
(19 de decembro de 2024). Galiza sen gas, xunto con outras organizacións ibéricas, expresa a súa grave preocupación polo proxecto H2Med, que permitiría a exportación de hidróxeno (H2) desde a Península Ibérica a Europa Central e ameazaría a transición enerxética. O hidroduto Guitiriz-Zamora, promovido por Reganosa e Enagás, encaixaría no H2Med.
(22 de novembro de 2024). Coincidindo co remate da COP29, Galiza Sen Gas reclama elaboración dunha estratexia galega de enerxía e clima para reducir progresivamente a transformación e o consumo de combustíbeis fósiles até a súa eliminación definitiva antes de 2040. Abandonado xa o carbón en 2023, o seguinte combustíbel fósil a eliminar é o gas natural, en 2035 a máis tardar.
Informe de Greenpeace sobre a planta de regasificación de El Musel (Xixón), a última española en entrar en funcionamento. Exemplo da sobrecapacidade gasística que dificulta a transición enerxética no Estado español. A enerxética galega Reganosa posúe o 25%.
(14 de xuño de 2024). Perante a discusión na UE dun novo parquete de sancións a Rusia que podería incluír o gas natural licuado (GNL), a rede Gas non é solución solicita ao Goberno español medidas urxentes para reducir a nosa dependencia do gas fósil.
(7 de maio de 2024). Case todo o gas fósil licuado importado en Galicia durante 2023 a través da planta de regasificación de Reganosa na ría de Ferrol procedeu ou ben dos EEUU, onde é extraído mediante a moi impactante técnica do “fracking”, ou ben de Rusia. Nos últimos anos disparouse o consumo galego de gas fósil.