O prezo do carbón

Informe da plataforma “Galiza, un futuro sen carbón” (abril 2019) sobre os custos socioambientais das centrais de carbón galegas. Aborda tamén a viabilidade do abandono rápido do carbón na xeración eléctrica. Finalmente, expón as demandas da plataforma perante as institucións.

‘Galiza, un futuro sen carbón’ lamenta o apoio da Deputación da Coruña á continuidade das térmicas das Pontes e Meirama até 2045

(5 de decembro de 2018). O 30 de novembro, o pleno da Deputación da Coruña aprobou senllas mocións, presentadas polo PSOE e o PP, demandando a continuidade das centrais de carbón “como mínimo até 2045”. A moción promovida polo PSOE contou coa abstención do PP e o apoio favorable do Ler máis…