A sinistra historia de El Musel
No informe “La siniestra historia de El Musel. O cómo la industria del gas fósil convirtió a España en una adicta al gas”, Greenpeace revela como España chegou a ter unha infraestrutura gasística desmedida.
A industria do gas empurrou a Administración española a autorizar un aumento masivo na construción e reapertura de instalacións de gas fósil innecesarias, pagadas polos consumidores e consumidoras en beneficio da propia industria do gas. Un caso ilustrativo é a planta de regasificación de El Musel, en Xixón, da que a enerxética galega Reganosa é propietaria xunto con Enagás.