Noticias
A aposta desproporcionada polo gas fósil atrasa a transición enerxética en Galicia
(12 de febreiro de 2025). Galiza sen Gas presenta o informe “Gas natural, o combustíbel fósil que atrasou a transición enerxética”, sobre o papel do gas fósil en Galicia. Desde a súa introdución a finais da década de 1990, o gas fósil converteuse nunha das nosas principais fontes de enerxía, competindo co desenvolvemento renovábel.