Galiza sen gas é unha plataforma formada por diversas organizacións unidas polo obxectivo de pór fin ao consumo de gas fósil antes de 2035.

BlueSky Profile

Unable to fetch BlueSky profile.

Publicacións

recentes

O gas fósil é o novo carbón

(4 de xuño de 2025). Un informe de Gas no es solución revela a alta dependencia española do gas fósil ruso e estadounidense, con importacións que medraron sustancialmente a partir de 2019, con grandes impactos socioambientais nos territorios de extracción.

Máis gas fósil de guerra e de “fracking” para Galicia

(8 de maio de 2025). O gas natural licuado (GNL) importado por Galicia durante 2024 a través da regasificadora de Reganosa en Mugardos procedeu un ano máis de forma case exclusiva de Rusia e dos Estados Unidos de América (EUA). A maioría do extraído nos EUA obtense mediante a moi impactante técnica do "fracking", prohibida no Estado español.