Actúa

Hai moitas cousas que podes facer para participar na loita polo abandono do gas fósil e por un sistema enerxético 100% renovábel e xusto.

      -Como prosumidor/a (consumidor/a e, se podes, produtor/a) de enerxía podes ser axente da transición enerxética. De que xeito?. Reduce todo o posible o teu consumo de enerxía, non só o directo senón tamén o indirecto, pois todos os bens e servizos que consumimos requiren enerxía. Substitúe a enerxía fósil por enerxía renovábel, por exemplo, instalando placas solares ou bombas de calor no teu fogar. Participa en comunidades enerxéticas renovábeis. Contrata a electricidade fóra do oligopolio eléctrico con cooperativas verdes (como Nosa Enerxía ou Som Energia). Achega capital en investimentos comunitarios en instalacións renovábeis (pode abondar con só 100 euros).

      -Séguenos en X ou en Telegram para te manteres informada sobre convocatorias de interese.

      Colabora co traballo da plataforma Galiza sen gas. Escríbenos a galizasengas@gmail.com. Dinos onde vives e como che gustaría colaborar.

      -Se es representante dunha organización, podes apoiar o manifesto e/ou formar parte da plataforma Galiza sen gas. Ponte en contacto connosco escribindo a galizasengas@gmail.com.